O CHECK AZUL.
O CHECK AZUL. Fasme falta. Grabéino...envieino...pedínche que non mo falases en persoa...pero xa sabes porque non falo de min dende que nos vemos: xa sabes os dous motivos, o evidente; e o outro: que estou asustada porque, aínda que non o creas, ninguén me tratara coma ti. Non son só eu a persoa especial. Vin por primeira vez o check azul, escoitachesme e querías que o soubera. A decisión , se remata aquí e túa. Eso si que é teu. Ti es o que máis perde, ou o que máis gaña...non o sei... Pedinche que se remataba aquí , simplemente o escribises, non pasaba nada. Non hai nada escrito, pero si os únicos catro check azuis nas nosas conversas, para que saiba que escoitaches os meus sentimentos. Non sei se estás a pensar e haberá resposta, por eses check azuis ... parece que non... que queres seguir acariñandome e sentindo as miñas mans. Eses sentimentos meus non son capaz de dicirchos cara a cara por medo. Medo a que me botes un doce responso con que me como de máis a cabeza, medo a que ...