HOMENAXE E CONTRIBUCIÓN LETRAS GALEGAS 2017.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 17 DE MAIO DE 2017. ADICADO A CARLOS CASARES. AMIZADES PERIGOSAS….E BENEFICIOSAS PARA A ALMA. Non lle quere, aínda non. Falan de facer o amor…. Pero ela non sinte amor. Non nese sentido. Non está namorada. El tampouco, pero fala de facer o amor; ás veces con comiñas e ás veces sen elas. Ela pregúntase porque …. Ningún falara de facer o amor, falaban de follar. Eles tamén falan de follar, na cama, cando a cousa se quenta de máis…porque quente está dende o primeiro segundo. Non quere prexulgalo, pensa que sabe porque fala de facer o amor, porque cree que é o que ela quere escoitar…. Outras veces non llo parece, porque lle parece que el precisa iso, amor, e está xogando con lume. Pero está afeito, sabe o que fai. Nese sentido, ela é magnífica para el: ela non se pode namorar, non nese momento; permitíuse facelo despois de moito tempo e saíu mal, moi mal. Pero el debuxalle un sonriso e xa non está namorada doutro, o seu corazón non é doutro, nin del, pero xa ...