Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como sexo

PSICOLOXÍA OU INSTINTO? Como se trata de min: a resposta é instinto.

Imagen
A PSICOLOXÍA....OU O INSTINTO. "Xa que non fun traballar...eses mimos?" Desconectaches case media hora inmediatamente. Son unha ilusa, unha meniña ilusa. Peiteeime, puxen a bata de verán bonita, a negra, con transparencias, por enriba do picardías negro, tomei dous paracetamois para baixar a febre, cambiei a roupa interior, botei perfume...pero o timbre non soou. Conectaches de novo. E durante case dúas horas fixemos o de sempre, creo, xogar coas palabras. "Que dicías dos mimos?" Evitei repostar porque deducín que se esa brusca desconexión non era para vir.... non era bó sinal, Seguín xogando, de broma. Coma sempre entre nós. Ata que comezou a parte seria. Foi a min a quen lle cambiou o plan, se quería algo tiña que dicilo : "Se che apetecía eu tiñas que dicirmo, porque a min apetecíasme ti". "Xa cho dixen, coma sempre, xogando" , e recordeille a primeira frase. "Ti es a que está convalecente, eu non sei como estás ti". "Díxench...

MEU, TÚA.

Imagen
MEU. TÚA.                                                                        “A túa cara cando entro en ti….é una pasada. Cando te fago miña. Cando nos unimos dándonos pracer; notando como entro, pouco a pouco, centímetro a centímetro”. Queres que cho diga, que son túa. E non poido. Seino por como me miras. Mentres entras ao xeitiño, lentamente, ata quedar completetamente dentro, e te achegas para abrazarme e eu te arodeo coas miñas pernas e nos bicamos. Quietos, sorindo; e sen sorir, con ese ollar profundo que dixeches que non aguantaría. Aguántoo , e quero máis. Pero non podo dicirche que son túa, sábelo. Nunca llo dixen a ni...

HOMENAXE E CONTRIBUCIÓN LETRAS GALEGAS 2017.

Imagen
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 17 DE MAIO DE 2017. ADICADO A CARLOS CASARES. AMIZADES PERIGOSAS….E BENEFICIOSAS PARA A ALMA. Non lle quere, aínda non. Falan de facer o amor…. Pero ela non sinte amor. Non nese sentido. Non está namorada. El tampouco, pero fala de facer o amor; ás veces con comiñas e ás veces sen elas. Ela pregúntase porque …. Ningún falara de facer o amor, falaban de follar. Eles tamén falan de follar, na cama, cando a cousa se quenta de máis…porque quente está dende o primeiro segundo. Non quere prexulgalo, pensa que sabe porque fala de facer o amor, porque cree que é o que ela quere escoitar…. Outras veces non llo parece, porque lle parece que el precisa iso, amor, e está xogando con lume. Pero está afeito, sabe o que fai. Nese sentido, ela é magnífica para el: ela non se pode namorar, non nese momento; permitíuse facelo despois de moito tempo e saíu mal, moi mal. Pero el debuxalle un sonriso e xa non está namorada doutro, o seu corazón non é doutro, nin del, pero xa ...