PSICOLOXÍA OU INSTINTO? Como se trata de min: a resposta é instinto.

A PSICOLOXÍA....OU O INSTINTO.

"Xa que non fun traballar...eses mimos?" Desconectaches case media hora inmediatamente. Son unha ilusa, unha meniña ilusa. Peiteeime, puxen a bata de verán bonita, a negra, con transparencias, por enriba do picardías negro, tomei dous paracetamois para baixar a febre, cambiei a roupa interior, botei perfume...pero o timbre non soou.
Conectaches de novo. E durante case dúas horas fixemos o de sempre, creo, xogar coas palabras. "Que dicías dos mimos?" Evitei repostar porque deducín que se esa brusca desconexión non era para vir.... non era bó sinal, Seguín xogando, de broma. Coma sempre entre nós. Ata que comezou a parte seria. Foi a min a quen lle cambiou o plan, se quería algo tiña que dicilo : "Se che apetecía eu tiñas que dicirmo, porque a min apetecíasme ti". "Xa cho dixen, coma sempre, xogando" , e recordeille a primeira frase. "Ti es a que está convalecente, eu non sei como estás ti". "Díxenche que me atopaba millor". Suspiraba soa na habitación , case bufaba, costábame respirar. Agobio. Non entendía qué fixera mal... Estaba facendo o de sempre. "E, que querías que che dixese?" , "Nada, o que dixeches, Sinceridade, niso quedamos". "Sinceridade é o que dixen ,si....pero non o que me gustaría. Pero non quero que fagas nada que non queiras facer". "Entón non fuches sinceiro" . "Que pasa?" "Que pasa con que?" Risas. "Pero...se foi coma sempre...xogando...que fixen?". E voltas e voltas sobre o que ambos queremos facer, "Deus...e era eu a insegura, temos moito en común que o saibas". "Que queres?" "Que vaias para a casa e deixes de darlle voltas". "Para a túa..?"...."Supoño..." "Xoan..." "Que". "Sí, para a miña, pero se lle vas dar máis voltas, prefiro que vaias para a túa". Risas. "Vale, veña, vou...pero unha visita rápida, se non che importa". Púxenme pícara: "mmmm. xa veremos cando te deixo marchar,,,". Pícara, bromista. NUNCA quixen que ninguén pasase un segundo na miña compaña por obriga, e menos por mendigar cariño, abrazos espidos... Son unha droga, si....pero pasei por moito e non me matou , fíxome máis forte: o centro de rehabilitación téñoo na cabeza....pero non pensei que tiveses dúas caras e estivesen nas túas palabras: "Marcharei cando teña que marchar , non vale a psicoloxía para isto, de acordo?... se non...non vou...tí mesma". "Eu quero ir". "Ok." Pensei de presa"ou non. Millor deixámolo para outro día". Un puñal no estómago. Nese lugar do meu corpo que acariñas suave e ás veces con paixón, que bicas sorrrindo, ollando para min mentres pasas os dedos pola miña cintura. "Non, apetéceme ir, e se ti queres... e non che ven mal...". "bufff...ese ti mesma levantoume ampollas". Enténdesme as bromas, claro que o fas, por iso respondiches: "Bueno, levantar pollas xa sabes que non é complicado para ti respecto de min". Risas. "Veña, date presa". Entendín iso como unha desculpa. Pensei que todo ía a estar ben. Pero esa noite si follamos. Non ao principio. Comezaches cariñoso, collendo, que non acariñando a miña cara. Todo o demais foi moi de presa, excitante; pero prefiro facer o amor. Só salvo cando remataches, porque eu non o fixen: tumbaches a cabeza no meu estómago, acariñando o meu costado, suave. Miráchesme cun soriso, pero era diferente, volveches á mesma posición mentres eu acariñaba a túa espalda. Pechabas os ollos. Foi tan de presa que non recordo oo que pasou despois. Só sei que estabamos tumbados ao carón. "Hoxe estás canso", díxenche. Respirábase un ambiente extrano. Non respostaches. Miráchesme, u ollar extrano. díxenche que eu non ataba a ninguén á pata da cama, que nunca o fixera e ti sabíalo. Outro ollar extrano. Dinche un bico no brazo no que descansaba a miña cabeza. "Estás canso", afirmei. Sen resposta. Non entendía, ti nunca estás canso. "Un cigarrillo e vas para a ducha ?", propúxen. "Si, se non vou comezar a contar as horas que faltan para me eguer", cun soriso curioso, sen me mirar. Fumamos, case en silencio.Ti sentado no borde da cama, eu mirando cara o teito da habitación. Sentín a túa mirada varias veces, sen soriso.
Sabes o que penso? Que non debín grabar eses audios recoñecendo que ninguén me tratara coma ti, así de doce, así de cariñoso, ninguén me fixera sentir tan querida aínda que non me quixese; e aínda que me quixese. E asusteime. E grabeino. Porque parte do trato era a sinceridade, e non o podía facer doutra forma. Supoño que estaba millor calada e coas pernas abertas para ti, e para min.Pero acordamos sinceridade, e eu tiña a necesidade de selo, ser sinceira.
Sabes o que penso? Que temos moito en común. Que precisabas sentirte amado, querido, desexado,; como me dixeches. "Coñecinas peores, moitas; mellores, ningunha; máis ou menos, alguna...poucas...." . Eu son a cuarta. Xa mo dixeches. Os límites. Os límites son pasar de facerme o amor a follarme, son pasar de dicir "falamos, guapa", a "xa che preguntarei eu como estás" . Tradución mental: non molestes. Pasou que nunca antes me cortaras bruscamente ás 20:30 para dicir que tiñas que ir buscar a Isa, que saía agora de traballar" . Quedei xeada. Buscar a Isa? Pero  se estás no taller ata as 23:00 ou 00:00 por non estar  con ela na casa.... Eso dixeches. Pregunto tímidamente: tesme medo? Pareces tentar alonxarme. Sintes algo por min? Non o sei, Estas a protexerte aínda que implique danarme a min? Xa non cho podo preguntar, nin o faría. Nada me podes dar, dixéchesmo: pero déchesmo, e estasmo quitando. Así non quero, non quero quedar con esa imaxe de ti. Non che vou facer dano, non intencionadamente. Díchencho: escríbeo se queres que remate aquí...e non o fixeches. Falei de sentirme coma unha puta...e viñeches e botáchesme o único polvo entre nós. Follamos. Díxencho rindo. E calaches.Tentas facerme dano? Tentas alonxarme para que o faga eu? Isto non é psicoloxía, chámanlle instinto.

Xa non me podes dar nada, porque xa o fixen eu, xa nada che podo aceptar. "Vou buscau a Isa. Mañán falamos. Biquiños guapa" Se emoticono, sempre vai con un...e ás veces con cincocentos. "Ok", simplemente...estaba xeada... Hora e media despios: "Vai mirar o skype cando poidas. Un bico". Sei que aínda non fuches. Ti e máis eu falamos en castelán....


Algo no está bien. No sé lo que es, pero hay algo que no está como estaba. En parte es mi culpa, lo sé. Estaba más guapa con las piernas abiertas y la boca cerrada...supongo. Sólo quise ser sincera. No soy la única que lo noto, estoy segura.  Desde que te dije que nadie me había tratado como tú...algo cambió. La frase de ayer: "me iré cuando me tenga que ir, y si no no voy, tú misma"....ufffff. No era necesaria. Las palabras se piran con el viento, los hechos no. Yo nunca te até a ningún sitio, siempre te pregunté por la hora, puse la alarma... Estaba mejor callada, pero dijiste sinceridad y lo hice como pude. Yo soy sincera, también. Lo intento. No soy perfecta, nadie lo es.... pero intento hacerlo lo mejor que sé y puedo. A veces incluso parece que molesto...no sé. Eso no lo quiero ni en broma. No sé si mendigué cariño, pero no voy a volver a hacerlo. No te doy más la chapa. Hasta aquí. Me ha encantado conocerte. De verdad te deseo que te vaya lo mejor posible, que te vaya bien. Dentro de un tiempecillo espero saludarte o recibir un saludo, de esos de buen rollo, sin comillas. Biquiños.

Gracias por todo lo que me diste en estos días, y no hablo de sexo. Eres un gran golfo. Ole yo! Es de bien nacido ser agradecido. Muchísima suerte. Que seas feliz cuanto antes.


Non estou namorada, pero si te quixen pouco a ppouco, aprecieite moito pouco a pouco. Síntome apenada. Pero non podo seguir se deixo de entender. Supoño que deberamos de deixar a un lado o cachondeo e non somos capaces por medo. Cúlpome eu. Nunca debín grabar eses audios. Pero dixéches sinceridade: xa che dixen que son intelixente pero tonta, entendino de verdade. Literal. agradézoche os únicos checks azuis nas nosas conversas.

Supoño que non che afectará : "vivir o día a día", o teu lema. Sei que fomos moitas, aínda que digas que ningunha millor ca min. É o que tes que dicir para que me siga deitando contigo. Non te preocupes, xa non o tes que dicilo; non a min. Vai por outra e...desplega os teus encantos. Moita sorte. Espero volver saber de ti algún día, e que esteas feliz.

Agora fágoche unha confesión, que non o é porque nunca a leerás, ti non sabes da existencia deste rincón da miña vida. O 12 de maio, a primeira noite que fixemos o amor, sería o meu 18 aniversario con ese cabrón maltratador: limpeza kármica. Xa o relacionarei contigo, e nunca máis con el. Gracias.

Jo March.


Comentarios