EXTRÁÑOTE.
EXTRÁÑOTE.
Extráñote. Bótote en falta. É
sábado. O serán é fermoso. Pecho os ollos e imaxino que paseamos á beira do
río. Só o imaxino, sei que nunca ocorrerá. Imaxino que é a primeira vez que
saímos xuntos á rúa, e que aínda que coñezamos cada centímetro do corpo do
outro non sabemos como comportarnos. Eu pregúntome se camiño moi pegada a ti, e
ti non sabes como facer para collerme da man. 37 e 40…e semellamos dous
adolescentes. Sei que sería así. Así de bonito. Sei que una vez que deixaramos atrás
o pobo e nos adentráramos no paseo da beira do río, un río de verdade, non coma
eses das cidades; longo, terreoso e arboado…sen xente…entón bicariámonos,
riríamonos da nosa propia tontería… E xa pasou. Diríasme esas cousas que
ninguén tivo o valor de dicirme nunca. “Valor é dicir a verdade, sabendo que o
vas perder todo”. Sabías que o máis probable era que me perderas e dixeches a
verdade. E estou aquí. A primeira vez, porque o precisaba, porque te precisaba
coma goma de borrar; e se ti me ías utilizar, tamén eu a ti. Pero xa borraches
o que tiñas que borrar…e sigo aquí…sen preguntar moito. Porque as túas palabras
son una droga, porque como me ollas é una droga. Nunca antes. Dende “ti tes
algo especial, non me preguntes o que é porque non sei explicalo, non se pode
explicar…tenrura, cariño, desexo…serán os abrazos” ata…”a túa cara cando entro
en ti ….é una pasada”.
E boto de menos esas palabras de
golfo pícaro, a túa cara de excitación, a túa mirada e o teu soriso cando me
tes como ti queres…. Ese paseo, contaxiándonos da nosa tolería, deixando que me
toques, que me acariñes, só un pouco, ás agachadas, e eu a ti, só escorrer a miña
man debaixo da túa camiseta, polo teu peito. Preparnos para chegar á casa e
sentirnos a pel.
Extráñote. Extraño “vólvesme
tolo”, extraño “encántasme”, extraño “encántame como es”, extraño “es doce,
tenra e apaixoada”…. Extraño “agora estás preciosa”….Extraño “agora mesmo
preocúpasme máis ti”. Extraño o teu “sshhhh, tranquila” e o teu soriso doce ,
as túas dúas mas acariñando o meu rostro despois de facerme tremer na cama.
Tamén extraño cando me falas de
que a vida é una putada. De que…non estás ben…que estás nun cárcere porque todo
foi moi de presa, porque había una enfermidade. Non extraño extraño cando
deixas de falar de golpe, vas para a ducha e marchas. Pero nunca te vou obrigar
a dicir máis do que queiras dicir. Porque quero que isto , e énchenseme os
ollos de bágoas, remate como o ten que facer: amigos para o que quede. Porque
eu sei que vai rematar, que te has cansar de min….ou que, quizais chegue un día
en que non poida evitar precisar ese paseo… e comece a sufrir…
20, maio, 2017.
20:05.
Jo March.
Comentarios